O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

Docentes

X. Alberte Cea: No sector do Traballo Social hai moitas posibilidades de innovación

Xosé Alberte Cea é orientador laboral do Concello de Vigo. Traballa con persoas e empresas en cuestións de desenvolvemento profesional, Employer branding ou  talento. Busca casar as necesidades profesionais das empresas cos intereses e competencias das persoas neste, xa non tan novo, escenario da sociedade dixital. É un apaixoado de todo o que ten que ver co mercado laboral e o mundo do traballo. Entrevistámolo para a web do COTSG con motivo da master-class que impartirá para a colexiación o 14 de febreiro.

Xosé Alberte Cea

Como transformou Internet o mercado laboral?

A rede cambiou o mercado de traballo, e a sociedade en xeral, de xeito redical. Agora contamos cunha ferramente que nos permite conectar e compartir de xeito constante, con capacidade de almacenaxe e de accesibilidade ilimitada e que víu a poñer a guinda final ó valor do servizo frente ó produto.

A rede ten moitas características das que ás veces non somos moi conscientes ( a súa capacidade de segmentación, as súas posibilidades de acceso a persoas e contidos…) que son vitais e que están a cambiar actividades como o marketing, o comercio mundial, o transporte ou o propio lugar no que traballamos. Incluso podemos afirmar que a rede xunto coa evolución da tecnoloxía, ven de mudar o acceso ós medios de produción, inda que esta idea é certamente polémica. Pero, con polémica iuncluída, é certo que hoxe en día unha persoa pode traballar só poseendo un portatil ou un dispositivo similar. Do mesmo xeito, e tamén con polémica (cambios tan radicais sempre afectan a alguén) a rede permitíu a moitas persoas rentabilizar e sacar rendemento económico a bens físicos que ata agora só tiña para uso particular como o coche ou a súa propia casa.

Con todo, para min, a idea máis importante que ben de cambiar no mercado laboral ven da man do concepto de dixitalización. O dixital cambia ó concepto de produto para convertilo nun servizo. Disto hai exemplos evidentes como os coches (o transporte se se quere) ou a música. Penso que todos deberíamos reflexionar nesta idea se queremos sguir exercendo as nosas profesións.

A que te refires co termo “inclusión dixital”?

Con inclusión dixital me refiro a necesidade de comprender que as competencias dixitais, como no seu momento foron as lectoescritoras, deben ser entendidades e reinvidicadas como un dereito fundamental das persoas. Pódese vivir sen saber ler nin escribir ? Si, claro. Pero todos os que sabemos ler e escribir somos conscientes das limitacións de desenvolvemento persoal e social de quen non sabe ler nin escribir. E por iso fai xa moitos anos que o obxectivo da educación non se cuestiona. Pero houbo tempos en que si, en que non se consideraba que todo o mundo precisaba ter determinados coñecementos, como os de ler e comprender. En España a educación obrigatoria para todo o mundo nace en 1970.

Esta idea tan básica se reproduce no eido dixital. Hoxe e no futuro próximo as competencias dixitais deberán ser pensadas como un dereito para que as persoas podan lograr o seu desenvolvemento pleno, persoal, profesional e social. Sen competencias dixitais non poderán exercer os seus dereitos, serán máis manipulables (como a realidade demostra), as súas posibilidades de aprendizaxe serán limitadas, as do seu ocio e, por suposto, as súas opcións laborais serán infinitamente menores.

Pero esta non é unha idea particular. Moitísimas institucións no mundo pensan así. Na nosa contorna, se cadra, o exemplo máis evidente é o da Comisión Europea. Non só pensa nesta linea se non que ten perfectamente limitadas e xerarquizadas as competencias dixitais que se precisan para un desenvolvemento pleno na sociedade dixital

Así que cando falo de inclusión dixital falo de engadir estes contidos (na medida axeitada en cada caso) nos programas e actuacións do ámbito social e do ámbito do emprego. Dende o meu punto de vista, por poñer un exemplo moi básico, unha persoa que participa dun programa de emprego de certa duración debe sair do mesmo cun correo electrónico, sabendo manexalo e utilizalo para a busca de emprego.

Que tipo de perfís debería ter un/ha traballador/a na Rede para procurar ou mudar de traballo?

Eu máis que perfís falaría de competencias. Inda que si se poderían sinalar os perfís ou profesións con máis demanda. Por exemplo todos os que teñen que ver co machine learning, coa IA, co servizo ó cliente, co comercio electrónico, a xestión de datos ou coa sanidae e os coidados da saude, son perfís que teñen e terán moita demanda no futuro próximo.

No canto das competencias existen, dun lado, unhas competencias de carácter técnico que son específicas de cada profesión. Haberá quen precise contar con moita competencia ofimática e outras persoas que precisen manexar ferramentas de comercio electrónico. Depende moito. Inda que tamén se podería sinalar algunha con demanda.

Por outro lado hai competencias de carácter máis transversal, moitas veces denominadas soft ou blandas e que en moitos estudos empezan a sinalarse como máis importantes que as anteriores. Son competencias como a comunicación, a asertividade, a creatividade ou a capacidade de adaptación que van collendo o peso que lles corresponde neste novo mercado da sociedade dixital.

Como pode unha persoa chamar a atención dunha empresa na era da sociedade dixital?

Amosando o seu saber facer, contactando por todas as canles con esas empresas e con profesionais de referencia do seu sector ou actividade. Isto é outro gran cambio da rede no que refire á busca de emprego: Permíteme amosar o que fago. Unha gran diferencia frente o CV tradicional que só nos permitía dicir eu fixen isto ou sei facer isto, pero non mostralo. Nada mellor para unha empresa que poder ver o teu traballo ou os seus resultados.

A maiores, inda seguimos precisando de contacto persoal ou, cando menos este, segue xogando un papel moi importante no noso mundo. Así que, un obxectivo importante da busca de emprego debería ser poder contactar persoalmente coas persoas coas que me relaciono na rede. De aí que é clave participar en foros profesionais, acudir a reunións, a actividades formativas e a calquera evento que teña que ver co meu ou no que poda atopar e contactar con persoas ás que pode interesar o que eu resolvo.

Es orientador laboral, que pasos debería dar unha traballadora social que vén de rematar os seus estudos e quere incorporarse ao mercado laboral?

A saída profesional do Traballo Social na nosa contorna segue moi condicionada polo ámbito público. O acceso a esa opción é ben coñecido. Pero existen, dende o meu punto de vista, moitas posibilidades de desenvolvemento profesional no terceiro sector. E, se me permitides decilo, moitas posibilidades de innovación nese sector. Todas as organizacións que traballan con colectivos tamén deberán dixitalizarse e iso obriga a contar con profesionais con competencias no social e con competencias dixitais.

Dito isto, eu o que faría de xeito inmediato é empezar a colaborar con organizacións que traballen nalgún ámbito do meu interese e empezar a xerar unha rede de contactos e un CV vivo, cheo de realizacións prácticas e logros. É o punto débil da inmensa maioría de persoas que rematan os seus estudos. Canto antes o cubramos melllor.

No actual contexto socioeconómico, que pode facer unha traballadora social para mudar de posto de traballo en caso de que o actual non cumpra as súas expectativas?

En España os datos de rotación e de mobilidade laboral veñen de aumentar como nunca pero, inda así, son baixos. Seguimos sen ser un mercado dinámico polo que, penso eu, o primeiro que habería que facer é asumir que non se trata, en principio, dun proceso rápido.

Con todo, atopar oportunidades sempre é máis doado dende o emprego que dende o desemprego. Isto ten moitas razóns pero unha moi importante é que o traballo é social, coma nós. É dicir, o mellor xeito de atopar novas oportunidades é definir ben o que podo aportar e a quen e aproveitar a rede de contactos profesionais para facerllo saber.