O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

Colexiación

San Valentín, xuventude e emocións: Paula Fernández Rico, traballadora social experta en mocidade

Cada 14 de febreiro celébrase o Día de San Valentín, unha xornada dedicada ao amor, ás flores e os bombóns. Porén, nesta data, dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) quixemos resaltar o amor na mocidade falando con Paula Fernández Rico, traballadora social e experta en mocidade, cuxa traxectoria profesional estivo vinculada ao programa QUÉROTE+ durante máis de 15 anos. 

Paula sinala a importancia das emocións e destaca a adolescencia como unha etapa crítica na que se requiren apoios específicos. As relacións sociais e amorosas na xuventude víronse influenciadas polo individualismo e o medo á interacción en grupo, especialmente agravado pola pandemia. Fernández destaca a importancia de abordar temas como o bo trato, a resolución de conflitos e o autocoñecemento das emocións, subliñando a necesidade de espazos seguros e apoio profesional, especialmente no ámbito da educación.

O teu traballo centrouse durante moito tempo na mocidade, que características ten esta idade?

A adolescencia ten as súas propias características: é un abano de idade esquecida, xa que non son adultos, pero tampouco son nenos pequenos. Ademais é unha etapa pola que todos nós pasamos, na que absolutamente todo cambia e na que se teñen dificultades coas normas, os sistemas e outras estruturas. Por iso non podes traballar cun adolescente como o farías cunha persoa adulta. Os seus estereotipos sociais, a inmediatez que caracteriza esta idade ou os impulsos están moi presentes, por iso cómpre ter os recursos necesarios para actuar. 

É unha etapa clave para o desenvolvemento da persoa, non?

Totalmente. A nivel de riscos existen moitas pautas, como poden ser as relacións tóxicas ou os consumos, que se asentan nesta idade, cando se comeza. Por iso é un momento tan crítico. 

Por que se volve tan importante ter axuda externa?

Porque aínda que todos pasamos pola adolescencia, esquecemos que é unha etapa na que nos faltan os apoios. O profesorado xa non está tan presente como na educación primaria, a familia se distancia… En definitiva, é unha etapa na que faltan moitos apoios, pero á vez tampouco tes a autonomía suficiente para acudir só aos servizos. E por suposto, os recursos públicos seguen ser suficientes. 

Como cambiaron as relacións sociais e amorosas nestes anos entre a mocidade?

As redes sociais cambiaron para todos, non só na mocidade: os pais tamén estamos enganchados ás redes sociais. Pero se falamos da adolescencia, o que máis vexo é moito individualismo e medo a relacionarse en grupo, algo que aumentou o COVID-19. Acomodáronse na sensación de que non poder saír, normalizando totalmente o contacto a través das redes sociais. 

A miúdo pensamos no apoio de programas sobre sexualidade centrados unicamente nas ETS ou na prevención do embarazo non desexado, pero cales son outros temas relevantes nas relacións que se tratan?

No relativo á sexualidade unha das grandes dificultades é o bo trato, xa que a influencia do porno fixo que se normalizaran certos comportamentos. E por suposto, certos comportamentos que poden ser agresivos, ou os celos e tamén as dificultade para identificar cando unha relación está resultando ser conflitiva. 

Neste sentido un dos grandes problemas é non saber deixar unha relación, atopamos moitos rapaces e rapazas que non son capaz de deixalo coas súas parellas, porque lles faltan ferramentas. 

Hai estigma nas novas xeracións cara quen está solteiro?

Por suposto. Sempre hai alguén entre a mocidade que, con 16 ou 17 anos, está agobiado porque aínda non tiveron mozo ou moza. Pero teñen que entender que tamén se pode vivir sen ese vínculo que son as relacións. E por suposto que existen relacións e vínculos emocionais mais alá das relacións de parella, como poden ser as amizades. 

Fálase pouco das relacións de amizade e, sobre todo, das rupturas dunha relación de amizade. 

Si, aínda que as relacións románticas e as amizades teñen moitos vínculos en común, características compartidas. Por exemplo, se es celoso na túa relación amorosa, probablemente tamén o sexas coas túas amizades, ou se por exemplo ‘postureas’ moito sobre a túa relación de parella [priorizar compartir contido en redes sociais], probablemente tamén o fagas coas túas amizades. 

Somos unha sociedade máis abertas a falar de temas como o amor ou a sexualidade coa rapazada, ou segue a ser un tema tabú?

Creo que é algo que depende moito do espazo no que te movas. Para expresarte, é necesario contar cun espazo seguro no que facelo. E tamén son importantes os grupos de persoas, é como un efecto rebote, no que se pode contaxiar esa expresión. E por suposto, as redes sociais teñen o punto positivo de que abriron espazos que non están ao teu alcance físico, pero nos que quizais sexa un sitio onde expresarse. 

Ha espazos hai oportunidades para abrite é un sistema, depende dos teus espazos: rural, urbano, ter espazos seguros para expresarse . E logo hai grupos de xente, efecto rebote. O que teñen as redes teñen o punto positivo caben espazos que non están ao teu alcance físico. 

Como se traballa a resolución de conflitos e que papel xogan as emocións niso? 

Neste caso, dende os centros QUEROTE+ lévase a cabo unha solución estrutural, traballando cos centros educativos, mediante obradoiros e distintas sesións. Xogan un papel moi importante as emocións, o autocoñecemento das emocións, darlles pautas á mocidades para saber como lles afectan. E neste sentido, eu aposto por incluír o traballo social na educación, é unha época na que traballar moitos destes temas, como o afecto e as emocións de forma transversal. E neste campo, os docentes non son especialistas.  

Que consello lle darías a alguén que quere traballar coa mocidade e, especialmente, no tema das emocións ou a sexualidade?

Que aposte por isto, que sempre hai oco para o Traballo Social, xa que a nosa profesión ten moito que ofrecer  a este colectivo.