Artur Roman: O Traballo Social nos servizos de atención das emerxencias e grandes catástrofes
Os servizos de atención a emerxencias e grandes catástrofes son un dispositivo de axuda fundamental para ás persoas afectadas, e sen en conta as súas necesidades sociais non se pode dar unha atención integral. E por iso que en moitas comunidades autónomas estableceuse a colaboración entre o organismo encargado de xestionalas e os Colexios de Traballo Social. Para coñecer mais de este traballo conxunto, falamos con Artur Roman Soler, persoa de referencia, leva traballando en emerxencias dende o ano 2000, no Col-legi de Treball Social de Catalunya.
- O voso Colexio é pioneiro no establecemento dunha canle de colaboración formal coa administración para intervir en emerxencias e grandes catástrofes. Como xurdiu esta vía, e como realizástedes o proceso?
No ano 2004 un pequeno grupo de profesionais con experiencia en intervención en emerxencias constituíronse como un grupo de traballo en el Col·legi de Treball Social de Catalunya (TSCAT), orientando basicamente a súa labor á promoción da figura do Traballo Social en emerxencias, chegando a realizar algunhas publicacións e participando como docentes en postgraos. Este grupo disolveuse algúns años despois.
Foi en 2012 onde gracias á implicación de algunhas traballadoras sociales conseguise crear un postgrao en emerxencias psicosociales. Unha parte do alumnado deste postgrao acabou formando parte dunha comisión intracolexial de Emerxencias. Foi este mesmo ano que se conseguiu establecer un convenio de colaboración entre Protección Civil de Catalunya e o TSCAT, que é o que seguimos tendo actualmente.
Actualmente a equipa está constituída por mais de 80 traballadoras sociais, e cada ano realizamos un curso para facilitar a incorporación de novos profesionais.
- Que compromisos asumides coa administración, e esta con vos?
Actualmente temos tres convenios:
1.- Protección Civil de Catalunya: Prevese a activación da equipa para aquelas situacións nas que dende este sistema valoren como necesario incorporala á emerxencia. Non está establecido explicitamente o número de profesionais que debe ter a equipa como mínimo nin cantos se activarían no caso dunha emerxencia. En cada caso pactase entre Protección Civil e o TSCAT o número de profesionais necesarios. Nestes casos Protección Civil faise cargo dos gastos derivados de desprazamentos e dietas das persoas intervintes da equipa do TSCAT.
Ademais estableceuse que anualmente Protección Civil fará unha presentación de 2 horas a membros da equipa para dar a coñecer como funciona Protección Civil e membros de TSCAT explicarían as funcións de noso colectivo nos cursos que Protección Civil imparte a directivos de emerxencias.
2.- Concello de Tordera: Acordase a participación da equipa no caso de ser necesario para dar apoio ás profesionais de Servizos Sociais de dito concello, así como unha formación sobre emerxencias por parte de TSCAT ás traballadoras sociais municipais.
3.- Convenio con Departament d’Empresa i Treball da Generalitat de Catalunya: Acordose o asesoramento e atención psicosocial en casos de accidentes laborais graves. Este convenio asinado este mes de xuño, estámolo desenvolvendo.
- Que tipo de funcións tendes encomendadas nos operativos?
Nos convenios establecidos sinalase que a función da equipa de emerxencias é dar atención psicosocial ás persoas afectadas, e polo tanto son todas aquelas que son propias da nosa profesión e que van dende o acompañamento individual e grupal durante a emerxencia ate la derivación a servizos ou programas que aseguren a continuidade asistencial cando así se estime necesario.
- Durante estes años de experiencia que problemas importantes tendes atopado na vosa integración en los servicios de emerxencias de Catalunya?
Un dos maiores retos na atención en emerxencias e sen dubida a coordinación entre as diversas equipas e organizacións que ofrecen atención psicosocial. Cada equipa acostuma a ter procedementos e protocolos de intervención propios que non favorecen unha homoxeneización da atención prestada ás persoas afectadas.
- Que aporta o Traballo Social á planificación operativa e á xestión das catástrofes?
O Traballo Social aporta a mirada social. Favorece a protección das persoas con risco de vulnerabilidade que no caso de catástrofes poden verse especialmente afectada e favorece a resiliencia das comunidades afectadas por calquera sinistro.
- En Catalunya o órgano encargado dos servizos sociais forma parte dos comités asesores?
Cada vez mais, as administracións teñen en conta a necesidade de incorporar o Traballo Social, especialmente no ámbito local, debido a que la Lei 12/2007, de 11 de outubro, de Servizos Sociais de Catalunya, contempla claramente que as persoas que se atopen en emerxencias sociais por catástrofes son destinatarios dos servizos sociais.
- En cantos operativos de emerxencia tendes participado dende o ano 2012?
Ademais dos simulacros e formacións participamos no accidente de Autocar en Freginals, o sinistro do Avión de Germanwings, o falecemento dunha persoa no terremoto de Nepal, os falecidos nun centro residencial a causa das inundacións en Agramunt (Lleida), e apoio nos dispositivos de Hotel Salut e Telefónico de Atención Social durante la Pandemia de COVID19
- Que destacarías da vosa participación en estes operativos?
Estamos moi satisfeitos de ter podido colaborar coas administracións públicas garantindo un servizo profesional de xeito continuado e especialmente cunha equipa que en todo momento mostrou a súa cohesión interna e a capacidade de adaptación nos diversos escenarios que lles tocou traballar.
- Cal é a estrutura interna del Col-legi que da soporte á intervención en emerxencias?
A equipa está composta por máis de 80 profesionais repartidas por todo o territorio de Catalunya, e organizadas en 6 grupos (Barcelona, Tarragona, Lleida, Girona, Terres de l’Ebre e Central) con unha persoa como referente por cada territorio. Estes referentes xunto cun grupo reducido de 9 persoas experimentadas, forman a comisión que establece as directrices de traballo, coordinados por unha Responsable de Equipo. Ademais existe a Responsable de Proxecto e un adxunto que favorece as relacións interinstitucionales así como as accións formativas
- Por ultimo, e para rematar este achegamento ao voso servizo de intervención en emerxencias, que requisitos deben cumprir os colexiados e colexiadas para formar parte de los voluntarios en emerxencias del Col-legi?
Ademais de estar de alta como colexiadas deben ter realizado o curso específico de atención psicosocial en emerxencias de 20 horas e mostrar dispoñibilidade para ser activados en calquera momento. Ademais realizase una entrevista persoal co fin de contrastar as expectativas cos obxectivos da equipa.
Creo fundamental que para poder formar parte dunha equipa de emerxencias os e as súas integrantes deben ter as seguintes características:
Ampla dispoñibilidade para intervir de xeito inmediato e de duración indeterminada .
Capacidade de traballar en situacións de alto estrés e impacto emocional.
Creatividade ante peticións, necesidades e requirimentos de intervenientes e persoas afectadas.
Habilidades para o acompañamento, soporte e contención emocional .
Adaptabilidade para intervir en espazos incertos, cambiantes e improvisados.
Habilidade de traballo en equipa e a xestión de conflitos.
Habilidades parala atención á diversidade cultural e de colectivos vulnerables.
.