R. Álvarez: “Emprender baixo a cooperativa, ábreche as portas a tomar as rendas da túa vida”
Rosa Álvarez Bernárdez de Espazo Coop será a encargada de impartir a formación [E tí, coñeces a fórmula?] Obradoiro Cooperativismo e Traballo Social o 30 de abril de 16.00h a 19.00h na sede do COTSG e que será de balde para as persoas colexiadas.
Podes inscribirte nesta ligazón.
En torno a que eixos vai vertebrar a formación que se vai impartir?
• Divulgación cooperativa. Vantaxes de emprender baixo a fórmula cooperativa.
• Coñecer as ferramentas e pasos a dar para a constitución dunha cooperativa.
• Axudas e apoios para emprender en cooperativa. Casos prácticos: boas prácticas e
oportunidades
Por que é importante que un/ha traballador/a social coñeza as cousas que lle ofrece o cooperativismo? Cal son as vantaxes de cooperativizarse?
No cooperativismo o ser empresas de xestión democrática (1 persoa 1 voto) o traballo en equipo, a toma de decisións, a comunicación entre outras vantaxes,están garantizadas… O apoio mutuo, a achega de ideas, de solucións e propostas no día a día é algo que ten un peso e un valor engadido importante… Non te sentes so/soa ante as adversidades que podan xurdir…
Porque as persoas son o centro, todo vai enfocado ao seu desenvolvemento tanto nun ámbito social, cultural, laboral… etc. Dependendo do tipo de cooperativa onde queiramos ou desexamos encaixar…
Un ámbito que se está a desenvolver no traballo social é o do exercicio libre, como pode axudar o cooperativismo nesta nova faceta? Como se pode aplicar o cooperativismo ao traballo social?
Neste senso, o cooperativismo pode axudar a descubrir unha fórmula xurídica idónea para medrar profesionalmente, cuns valores e principios inherentes á economía social e ao cooperativismo en particular… en menoscabo dunha viabilidade económica, para poder emprender de forma digna e segura.
Emprender baixo a cooperativa, ábreche as portas a tomar as rendas da túa vida, dun xeito diferente… pero terás que ir a charla para poder descubrilo!!!!!!