O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

25NGrupos de Traballo

#porelas: 1000 non é só un número

Por María Soliño Barcia, Traballadora social, docente e escritora . No ámbito da muller, actualmente traballa no Centro de Inclusión para mulleres xestantes ou con nenos/as menores de dous anos , Santa Isabel de Vigo. Integrante do Grupo de Traballo Social e feminismos, “As Sementeiras”.

Ana Lucía Silva. Ese era o nome da muller asasinada pola Violencia de Xénero número 1.000, dende que comezaron a contabilizarse estas mortes, no ano 2003, en España.

Foi o 14 de xuño do ano 2019, en Córdoba.

Un minuto de silencio, multitude de manifestacións, actos de condena varios, comunicados e xa. Non tivemos que agardar moito para que o contador volvese a xirar, tan só uns días máis tarde.  1.001, 1.002, 1.003, 1.004, 1.005, 1.006…

O ano 2019 pechouse con 55 mulleres asasinadas a mans das suás parellas ou exparellas, a cifra máis alta dende fai un lustro.  

    A primeira víctima mortal de 2020 foi Mónica Linde, de 28 anos, asasinada xunto a súa filla Ciara, de tres, pola súa exparella e pai da pequena no día de Reis.

Trinta e sete mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano, según os datos do Ministerio de Igualdade. A última, este pasado 7 de novembro en Cádiz. Non existían denuncias previas por parte da víctima contra o seu presunto agresor.  

1.118 en total, e sabemos que non están todas. Corenta e un menores foron asasinados polos seus pais, crueles asasinos e auténticos terroristas domésticos, dende o 2013, cando se sumaron tamén o rexistro oficial. Vintecatro, no que vai de ano. Terrible e atroz.

ETA matou a 854 persoas durante os cincuenta anos nos que sementou o terror no noso país. 

O machismo leva máis de 1.000, en dezaoito.

    Algo estamos a facer mal. ¿Ata cando poderemos soportalo? ¿Ata cando as nosas fillas e fillos terán que medrar ollando como os seus pais maltratan e, nos casos máis graves, terminan coa vida das súas nais? 

¿Ata cando?

    O venres 20 de setembro de 2019, nunha das semanas máis escuras e sanguentas, sí, sanguentas, temos que dicilo así, as rúas enchéronse de luces violetas pola alerta feminista na que nos atopamos. Asasinaron a cinco mulleres en sete días.

Este ano e o anterior, debido a pandemia que vivimos, moitas mulleres virónse na terrible situación de permanecer confinadas as 24 horas do día co seu maltratador. Non quero imaxinar o terror desas mulleres obrigadas a convivir co seu verdugo día e noite.

    Queremos e esiximos que se garanticen máis medios para sensibilizar, concienciar e visibilizar a violencia machista coma un problema público, que atenta contra o sistema de valores establecido e contra os dereitos fundamentais das mulleres. Porque é o que é. Un problema público.  Mil cento dezaeoito mulleres.

Mátannos, asasínannos por ser muller. Así de claro. E así de alto. Punto. 

Negalo, por moito que algúns e algunhas sigan empeñados e empeñadas en facelo, equiparándoa co resto de violencias,   non serve de nada, non fará que desapareza. Varrer e esconder a merda debaixo da alfombra non é a solución. Un minuto de silencio tampouco.  Mil cento dezaeoito mulleres.

1.000 no é só un número.

1.000 é a vergoña dunha sociedade enferma.

1.000 é a memoria de que seguimos vivindo na Idade de Pedra, onde as mulleres eramos unha posesión e os Cromañóns  arrastrabánnos as covas.

1.000 é asistir a protestas e funerales.

1.000 é escoitar cómo algún úsannos políticamente, ninguneando e negando esta realidade.

    Moitas veces asisto con estupor o discurso caduco do machoman de turno no que negando a maior, táchame/táchanos de feminazis e esaxeradas.

Pero ese estupor vai en aumento cando quen o dice é unha muller. Non me acostumo. Prodúceme moitísima dor e vergoña.

Fai uns días, unha das miñas amigas díxome que as rapazas de hoxe gústanlles «os malotes».

     —¡Que sí! ¡Que lles vai a caña, muller!

Outra dicíame que ela non era feminista, que nunca se sentira discriminada e que eso do teito de cristal e a fenda salarial era un rollo. Esta muller ten dúas fillas.Por certo, o 18 de setembro é o día Internacional da Igualdade Salarial, porque dende ese día e ata o 31 de decembro as mulleres traballamos gratis, xa que se estima que a fenda salarial é dun 23% a nivel mundial.

Rapazas novas cas que falo sobre Violencia de Xénero, contánche que para elas os ciumes son una demostración de amor. Dan as chaves dos seus teléfonos móbiles, visten según os seus desexos e teñen relacións sen protección para que «non dubiden do seu amor».

A idea do amor romántico segue a facer estragos.

O amor é outra cousa. O amor non doe. O amor non encerra. O amor non golpea.

1.000 non é só un número.

Non é só un nome nunha lápida. É unha vida.

A vida dunha muller coma ti e coma min. Que viviu, que sentiu e que un día cruzouse ca persoa equivocada.

Onte foi por min.

Tamén é por ti e polas que virán.

Hoxe, é por elas, que xa non están.

Mónica, Zuita, muller de 60 anos, Pamela, muller de 76 anos, Amal, muller de 60 anos, María de los Ángeles, María Pilar, Hazna, muller de 34 anos, África, Consuelo, Alicia, Rocío, Inmaculada, Alla, Nicoleta Clara, muller de 35 anos, María Teresa, Betty, Lucía, Warda, muller de 50 anos, Johana, muller de 36 anos, Jordina, Mari Cruz, Mari Carmen, M.A., Conchi, Flora, Mónica, Manuela, Erika, Maija, María Isabel.

(Estos son os nomes das mulleres asasinadas en 2021 pola Violencia de Xénero en España ata o 24 de novembro. Fonte: Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero)