O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

Colexiación

Ana Vilar: “O Traballo Social debe recuperar o seu papel de reivindicación social, relegado polo asistencialismo e a burocratización”

A pasada semana, a colexiación  galega tivo representación estivo presenta nas “XII Jornadas Estatales de Servicios Sociales en contextos urbanos y rurales”, organizadas en Burgos polo Consejo General del Trabajo Social. Unha oportunidade para reflexionar sobre o papel da profesión xunto con traballadoras e traballadores sociais doutros puntos de España. Tras esta cita, falamos con Ana Vilar, Vicepresidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e vogal do Consello Xeral do Traballo Social, quen estivo presente nas xornadas.

Pregunta: Ana, cóntanos como resumirías os distintos temas tratados nas xornadas de Burgos e que conexión hai entre as distintas mesas de debate?

Ana Vilar: Nas xornadas de Burgos abordáronse varios eixes transversais que están unidos por un nexo común. Falouse da situación actual da profesión e do sistema público de servizos sociais, do noso posicionamento ante a diagnosis realizada, do modelo que defendemos para o sistema público de servizos sociais e das perspectivas de política social que o rodean. Tamén se tratou o proxecto de lei de condicións mínimas de servizos sociais como unha especie de guía a seguir. Ademais, falamos de como debemos vincularnos coa nosa esencia e retornar ao traballo comunitario, tanto en entornos rurais como urbanos. Por último, abordouse a necesidade de profundizar no acompañamento profesional ante a soedade non desexada de usuarios e profesionais, así como de avanzar na supervisión e introversión.

Pregunta: Cal é a conclusión principal que extraes das xornadas de Burgos?

Ana Vilar: A conclusión principal que extraio destas xornadas é que son un espazo de reflexión e acompañamento profesional desde unha mirada crítica e ética. Constatamos unha involución das políticas sociais tendente ao asistencialismo, con retroceso na intervención profesional desde o ámbito comunitario e grupal. Existe unha planificación máis economicista e de dispensadores de recursos, en contraposición ao enfoque social. Destacouse a necesidade de iniciar unha transición cara á definición e estabilización do obxecto e ben protexible do sistema, avalado polo modelo que defende a profesión, cun sistema garantista e público. Abogamos por unha regulación normativa estatal que regule (unha regulación que regule?? Deixabao en unha normativa estatal que regule) o dereito subxectivo aos servizos sociais, garantindo un mínimo común en todo o territorio.

Pregunta: Na mesa na que ti participabas sobre o sistema público de servizos sociais, que conclusión extraes e como respondes á pregunta que titulaba a mesa, onde estamos e cara a onde imos?

Ana Vilar: Na mesa sobre o sistema público de servizos sociais, concluímos que estes servizos deben manter a súa proximidade coa comunidade, pero que están a sufrir un deterioro debido á tendencia á estandarización e burocratización, o que os está a distanciar do seu valor principal, que é a proximidade e o traballo coa comunidade. Esta fenda é máis notable no ámbito rural.

Apostamos por redefinir os servizos sociais dende a nosa profesión, onde o relacional e a reconstrución das comunidades e convivencia sexan a nosa esencia. A profesión debe emprender un proceso de desconstrución-reconstrución e construción.

Neste escenario, é onde emerxe o proceso de reformulación e análise do modelo, xa que a profesión reclama a recuperación do sentido da súa identidade profesional. Valorizamos a promoción, protección da convivencia e interaccións significativas en diferentes entornos como obxectivo central do sistema. Debemos liderar, defender e protexer o modelo acordado pola profesión e reinvidicar o cambio de modelo, recuperando o papel do local e do comunitario.

Pregunta: Que diferenzas presenta a profesión cando se exerce na contorna urbana e na rural?

Ana Vilar: Existen diferenzas significativas entre exercer a profesión na contorna urbana e na rural. No ámbito rural, a soidade profesional é máis presente, con ratios desproporcionados e menor acceso a recursos. Ademais, os equipos interprofesionais teñen unha maior incidencia política e institucional na nosa práctica profesional. Porén, existe un maior vínculo coa comunidade e un abordaxe máis preventivo e cercano á cidadanía.

Na contorna urbana, hai menos contacto comunitario, menor incidencia no traballo preventivo e grupal, e maior burocratización e despersonalización na atención social.

Pregunta: Nas xornadas abordáronse temas como as boas prácticas e o liderado. Precisamos unha visión máis transversal na profesión?

Ana Vilar: Sen dúbida, é necesaria unha visión máis transversal na profesión, pero non só dentro dela, tamén nas políticas sociais. O liderado debe ser potenciado pola profesión, accedendo a máis postos de xestión e establecendo sinerxias que nos permitan avanzar nunha verdadeira transformación social e profesional.

Debemos recuperar a capacidade para intervir na planificación estratéxica dos servizos sociais a nivel local e autonómico, co-liderando os procesos de transformación da comunidade.

Pregunta: No marco destas xornadas, que importancia terá o traballo social para lograr a transformación social? Que conclusións extraes neste sentido?

Ana Vilar: O traballo social debe recuperar o seu papel de reivindicación social, visibilizando a situación do sistema e poñendo en valor o seu papel de transformación e axente de cambio social, que foi relegado polo asistencialismo e a burocratización. Debemos recuperar a nosa utopía, que nos identifica e nos aleixa do conformismo, e a ética e deontoloxía profesional deben estar máis presentes ca nunca.

Pregunta: Que beneficios teñen este tipo de iniciativas, nas que conectas con profesionais doutras rexións?

Ana Vilar: Estas iniciativas teñen beneficios moi importantes, xa que permiten o intercambio profesional e a reflexión conxunta. Isto nos axuda a avanzar na construción dun discurso propio que nos identifica, e nun modelo liderado pola profesión. Compartir o diagnóstico en diferentes territorios, boas prácticas e medidas que nos permitan avanzar, propor e recuperar o noso sentido de proxecto e rumbo profesional é vital nestes encontros.