O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

Persoas invitadas

A pandemia do Covid-19 e os seus efectos no papel dos profesionais do Traballo Social dos centros residenciais

Por María José Vilela Ferro, Traballadora Social é a súa compañeira Natalia Bundó, responsable de marketing en Pensium.

O ano 2020 sempre estará nas nosas mentes como o ano do COVID-19. Todos, en menor ou maior medida, vímonos afectados por esta pandemia. Sen embargo, os profesionais dos sectores de Saúde e dos Centros Residenciais de Maiores son os que máis directamente sufriron o impacto desta pandemia.
Coa chegada da vacina, o paradigma cambiou. A priorización da vacinación ás persoas maiores e a sectores de risco permitiron relaxar un pouco o temor aos contaxios das persoas maiores. As residencias deixaron de ser ‘aqueles centros que era mellor evitar’ para converterse en ‘aqueles
centros onde o COVID-19 está controlado’.
Pero a pandemia tivo moitos máis efectos que os derivados directamente dos contaxios. Durante moitos meses a vida nos centros residenciais cambiou totalmente, afectando enormemente á labor que as Traballadoras Sociais desenvolven nestes centros.


Recentemente, PENSIUM e a Fundación Salud y Envejecimiento da UAB realizaron un estudo entre profesionais de Traballo Social dos centros residenciais para valorar o impacto da pandemia no seu día a día e as novas necesidades que xurdiron a raíz desta.

Deste estudo os principais aspectos detectados son

  • Un incremento do contacto do persoal das residencias e das Traballadoras Sociais cos familiares, con dúas consecuencias moi diferenciadas:
    • No caso de antigos residentes, as limitacións nas visitas comportaron un maior contacto telefónico dos familiares co centro. Ademais, a necesidade de dar soporte a algúns residentes para este contacto por teléfono ou videochamada cos seus familiares xerou un maior vínculo.
    • Sen embargo, no caso dos novos residentes, as restricións nas visitas dificultaron a xeración de relacións de confianza cos familiares.
  • As Traballadoras Sociais tiveron facer fronte a conflitos cos familiares. As restricións vixentes, especialmente durante os primeiros meses de pandemia, eran en moitos casos de difícil aceptación polos familiares, o que xeraba conflitos co persoal dos centros, especialmente con este profesional, por ser un dos que máis contacto directo mantén coas familias.
  • A sobrecarga de traballo derivada da pandemia fixo aflorar a necesidade de ter máis ferramentas para a xestión do tempo e o estrés, e incluso na xestión de conflitos.

Por outra banda, estes efectos derivados da difícil etapa de convivencia co COVID-19 fixeron aflorar aspectos que, dende fai tempo, viñan afectando ás persoas dedicadas ao Traballo Social e, en especial, as dedicadas á atención das persoas maiores nos centros residenciais.
Estes profesionais teñen que loitar diariamente cun entorno complicado, caracterizado por:

  • Pouca autonomía á hora de decidir o tipo de axuda ou prestación que necesita a persoa usuaria, xa que a resposta sempre depende do organismo competente.
  • Presións en caso de demoras nas respostas sobre as que non poden decidir como, por exemplo, a asignación de prestacións.
  • Pouca visibilidade do seu traballo e pouco coñecemento do seu ámbito real de actuación.
  • Precariedade laboral, cun convenio colectivo que necesita melloras.
  • Dificultade en xestionar o traballo especialmente en centros que unicamente teñen asignada a figura de traballo social unhas poucas horas semanais, e que, ademáis en moitos casos, comportan que unha persoa xestione diversos centros o que dificulta o sseguimento e a realización de xestións.
  • A parte burocrática do traballo dificulta a xestión da parte máis humana e de atención persoal

Tendo en conta que o Traballo Social se define como “unha profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, e o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social. (…) o traballo social involucra ás persoas e as estruturas para facer fronte a desafíos da vida e aumentar o benestar”, quedan claras as dificultades destes profesionais á hora de desenvolver a súa labor na que, ademais, as relacións das persoas co seu entorno e a xestión das emocións teñen un peso importante.

É hora de poñer en valor o traballo destes profesionais, que realizan unha labor importantísima de soporte emocional a moitas familias, labor que, en moitas ocasións, queda oculta entre unha morea de trámites e burocracia.

Esta pandemia fixo que cuestionemos moitos aspectos da labor profesional e, provocou unha adaptación forzosa e rápida á un entorno cambiante e moi imprevisible. Temos que aproveitar esta oportunidade para que, unha vez superados os maiores obstáculos do COVID-19, sexamos capaces de seguir xerando cambios que permitan mellorar na intervención e a prestación do Traballo Social á cidadanía.

Os profesionais que interveñen coas persoas maiores viviron de primeira man a importancia do trato humano, o acompañamento e o mantemento de vínculos afectivos entre as persoas maiores e o seu entorno. Unha parte fundamental do seu traballo que nunca debería verse limitada pola necesidade de realizar outras tarefas, igual de necesarias para o bo funcionamento da engranaxe dos centros residenciais, pero que non sempre lle corresponden á figura do profesional do Traballo Social.

Agora que coñecemos o valor humano do Traballo Social, fagamos deste valor a tarxeta de presentación destes profesionais