“O traballo social é a profesión idónea para a Avaliación de Impacto Social”

Fernando Relinque Medina é doutor en traballador social e profesor asociado do Departamento de Socioloxía, Traballo Social e Saúde Pública da Universidade de Huelva e profesor da Universidade da Rioja UNIR. Compaxina a súa labor docente coa actividade de traballador social no terceiro sector e emprendemento social. É experto en metodoloxías de intervención social e financiamento de entidades sociais. Será o docente do curso Avaliación do Impacto Social en Proxectos Sociais.
Falamos con el sobre esta disciplina.

  • Por que é importante a avaliación do impacto social?

A Avaliación do Impacto Social (AIS) é unha metodoloxía que progresivamente está a ter unha maior repercusión nas ciencias sociais en xeral e no traballo social en particular. A través da EIS podemos definir os efectos ou consecuencias dun proxecto ou unha acción, tanto positivas como negativas. Isto, realizado a través de métodos estandarizados, posibilita a mitigación dos impactos negativos, así como potenciar aqueles efectos que favorezan ao conxunto da sociedade. Pero ademais, o procedemento da AIS contibúe a mellorar o coñecemento das partes interesadas da entidade ou do proxecto sobre os que se executa, axuda no proceso de toma de decisións estratéxicas dunha entidade e favorece a sustentabilidade dos proxectos e accións postas en marcha.

Xa son varios os países que incluíron a AIS como requisito previo para o desenvolvemento de proxectos de desenvolvemento, enerxía, infraestruturas, etc. En Europa existe unha recomendación europea que promove a aplicación da AIS en proxectos como boa praxe. Por tanto, a incorporación da AIS aos proxectos tanto sociais como de calquera tipo supón un importante valor engadido que reforza a estratexia de calidade de calquera entidade.

  • É particularmente relevante aplicada aos proxectos sociais?

A AIS iniciouse hai dúas décadas aplicándose principalmente a proxectos de desenvolvemento, enerxía e infraestrutura. Pero a súa utilidade e potencialidade, amplamente recoñecida, facilitou a súa aplicación noutro tipo de proxectos. Para o caso de proxectos sociais, a AIS reviste unha gran utilidade, xa que os factores sociais que se analizan encaixan perfectamente neste tipo de proxectos. Aplicar a EIS a un proxecto social, potencia a avaliación do mesmo, axuda a identificar e cuantificar que elementos do proxecto requiren dunha revisión para a mellora dos resultados, consegue que emerxan as valoracións e opinións tanto das persoas destinatarias como das partes financiadoras, xestoras, profesionais e persoas voluntarias implicadas e, en definitiva, contribúe notablemente á mellora dos procesos e procedementos que se executan no proxecto social.

  • É unha ferramenta útil para as e os traballadores sociais?

É unha ferramenta de gran utilidade por distintas razóns. En primeiro lugar, orienta os proxectos sociais cara a estándares de calidade, algo que cada vez está máis presente nas convocatorias de subvencións e que se citan como criterios de valoración do proxecto en todo tipo de procesos de selección e concurso para o financiamento dos proxectos. En segundo lugar, pon en valor os efectos ou impactos positivos que se alcanzan, identificándoos e cuantificándoos, de maneira que permite visibilizar a acción dos/ as profesionais implicados no proxecto social. Por último, ao realizarse unha avaliación en profundidade do proxecto, a AIS é capaz de orientar ao profesional cara ás áreas que deben mellorarse e como se deben executar estas melloras para a obtención de resultados máis satisfactorios. Por tanto, a AIS permite a mellora das oportunidades de financiamento dun proxecto, visibiliza a acción social levada a cabo polos/ as profesionais do traballo social, e favorece a acción social desde un estándar baseado na calidade.

  • Cales van ser os eixos da formación?

Serán tres eixos fundamentais. A primeira parte constará dunhas nocións teóricas básicas que permitan coñecer o alcance e a potencialidade da ferramenta. En segundo lugar, traballaranse dunha maneira práctica os métodos máis estandarizados para desenvolver unha AIS. E, por último, traballaranse casos prácticos e revisaranse boas prácticas e casos de éxito como exemplos de aplicabilidade da ferramenta que axudarán ao alumnado para identificar proxectos ou accións nos seus respectivos sectores laborais que poden ser obxecto da AIS.
Ademais a inscrición no curso, inclúe a inscrición gratuíta no I Congreso Internacional de Avaliación de Impacto Social que será online e coincide coas datas do curso. Polo que o alumnado do curso poderá gozar da asistencia online dun congreso no que se dan citas os/ as principais expertos/ as a nivel mundial sobre AIS e no que achegan, a través de conferencias e comunicacións, as últimas novidades e innovacións no ámbito da EIS. O alumnado contará, así, ademais, cun certificado de asistencia a este congreso.

O docente Fernando Relinque
  • É unha formación que pode abrir camiño a novas opcións laborais?

Sen dúbida, de feito a AIS foi o meu traballo nestes últimos 8 anos desde que iniciamos a iniciativa empresarial con AIS Methods. A profesión de traballo social, debido aos seus coñecementos e formación especializada, é a profesión idónea para a aplicación da AIS.
A AIS permite exercer a consultoría de multitude de emperesas, institucións e ONG’ s que necesitan coñecer se os seus proxectos están a ter os efectos sociais esperados ou se determinados proxectos están a ter un impacto negativo nas súas respectivas sociedades, clientes ou cidadáns.
Ademais, controlar unha ferramenta como a AIS cun conxunto de metodoloxías estandarizadas e recoñecidas para a avaliación dos proxectos supoñen un importante salto cualitativo no ámbito laboral xa que cada vez ése máis consciente a importancia da avaliación dos proxectos sociais, e en numerosas convocatorias de subvencións e axudas a parte de avaliación cobra cada vez maior relevancia no deseño de proxectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *