A eutanasia e os coidados ao final da vida
Julio Piedra, vai ser docente, xunto a Juan Jesús Rosa, da formación que se impartira no COTSG Eutanasia e coidados ao final da vida. O papel do Traballo Social Sanitario. Para saber un pouco mais da formación e coñecer a súa traxectoria profesional, falamos con el.
A formación, con respecto á Eutanasia, vainos a servir para coñecer os aspectos e procedementos relativos á intervención do Traballo Social Sanitario no proceso que regula o dereito de contar con axuda para morrer dignamente
- Ola Julio, moitas grazas por atendernos. Poderías falarnos un pouco da túa experiencia profesional para coñecerte un pouco mellor?
Inicio a miña andaina como Traballador Social no concello de Palos de la Frontera (Huelva) nun Centro de Información á Xuventude, Oficina de Atención ó Inmigrante, Centro Comarcal de Drogodependencias e adiccións “Ribera del tinto”. Posteriormente, estiven nunha Axencia de Dependencia e Servizos Sociais da Junta de Andalucía, pasando ós Servizos Sociais Comunitarios do concello de Punta Umbría (Huelva).
Nos últimos años, estiven exercendo como Traballador Social Sanitario. Os cinco primeiros anos nunha Unidade de Saúde Mental Comunitaria e, a posteriori, na Unidade de Xestión Clínica “Los Rosales” (Huelva) do Servicio Andaluz de Salud, onde teño a praza en propiedade.
Tamén compaxino coa docencia na Facultade de Traballo Social da Universidad de Huelva e Profesor-Titor da materia de Salud Pública, Dependencia y Trabajo Social no Centro Asociado de Cádiz/Huelva-UNED. E ademais, teño o privilexio de participar como docente no prestixioso Máster Oficial de Traballo Social Sanitario da Universidad Oberta de Catalunya.
- A túa experiencia na relación coa temática do curso proven da túa ocupación como traballador social sanitario. ¿Ten habido cambios nos últimos anos no medio sanitario en relación con este tema?
A verdade é que houbo grandes avances. Por un lado, a aprobación da Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, de regulación da eutanasia, en España, supuxo o recoñecemento de unha demanda dende un sector da poboación e da entidades: “O dereito a morrer dignamente”, ante situacións complicadas que viven, ou podemos vivir, as persoas, con unha alta carga de sufrimento, polo padecemento de unha enfermidade grave, crónica, incurable e imposibilítante.
E, por outro lado, a atención nos coidados ó final da vida, cuestión da que se comeza a falar nos anos 80 do século pasado, e foi facéndose presente e mellorando a súa presentación/metodoloxía/intervención por parte dos/as distintas/os profesionais que interveñen, incluíndose ao traballador/a social sanitario/a pasando do Modelo Tradicional de Atención, onde estes coidados se aplicaban ó final, a un Modelo de Atención Integrado, no que se inician, paulatinamente, dende o coñecemento do diagnóstico.
Ás dúas situacións, hailles que engadir, como signo de avance e progreso, a corrente humanizadora e de respecto dos Dereitos Humanos, que leva anos impulsándose dentro do ámbito sanitario, e que pouco a pouco foi calando no persoal que traballa no campo da saúde.
- Falamos no título do curso de eutanasia e coidados ó final da vida, ¿son termos distintos pero relacionados, poderías clarexar o seu concepto e relación?
Cando se tratan os contextos Eutanasia e Coidados ó final da vida, debemos ter claro que nos atopamos diante do concepto de “morte” e todo o que rodea esta situación (enfermidade crónica e/ou terminal, dor, duelo, sufrimento, etc.). Sendo esta a conexión existente en ambos contextos.
Con todo , as persoas que exercen o dereito a solicitar a prestación de axuda a morrer (eutanasia) teñen como obxectivo final, o que procuran, é rematar coa súa vida pola situación que padece e vive. Mentres que, cos coidados paliativos, non se busca isto, senón tratar de aliviar, mellorar e dignificar ante enfermidades potencialmente mortais.
- O dereito a unha morte digna é un dos temas que máis unanimidade mostran as enquisas en España, a pesar da existencia dunha minoría moi belixerante. ¿Ten variado a demanda social que percibides o persoal sanitaria?
Cada vez se coñece máis o proceso, pero é certo que, aínda existindo unha normativa que apoia a Eutanasia aínda queda moito por facer en materia de sensibilización e información, tanto para a cidadanía como para os profesionais do ámbito sanitario. De aí a importancia de propoñer cursos formativos dirixidos ás distintas profesións e campañas informativas á cidadanía para informar sobre a lei, procedementos, entre outras. É unha Lei coñecida, pero á mesma vez moi descoñecida entre profesionais e na cidadanía con relación ó procedemento, prazos, beneficiarios…un tema rodeado dun tabú e con muchos prexuízos.
- A eutanasia e o suicidio asistido médicamente son dúas accións distintas, que moitas veces se mesturan ou confunden. ¿Cal é diferencia conceptual e xurídica entre elas?
A principal diferencia entre a eutanasia e o suicidio asistido é a persoa que administra o fármaco. No contexto de eutanasia é un profesional sanitario, tal e como se establece na lexislación, mentres que no suicidio asistido é a propia persoa quen fai unha autoadministración do medicamento, obtido e/ou facilitado por unha terceira. Con todo, no sería pertinente falar dun suicidio asistido, xa que existe o dereito á prestación de axuda para morrer dignamente.
No ámbito xurídico dende a aprobación da Lei Orgánica 3/2021, de regulación da eutanasia, sempre que se cumpran os requisitos legais pódese prestar axuda para morrer. Se non se cumpren os requirimentos que marca a normativa poderiamos estar a falar de delitos como homicidio ou cooperación ó suicidio.¡
- De xeito resumido, ¿que cres que aportara o curso que ides a impartir ás persoas asistentes?
A formación, con respecto á Eutanasia, vainos a servir para coñecer os aspectos e procedementos relativos á intervención do Traballo Social Sanitario no proceso que regula o dereito de contar con axuda para morrer dignamente. É importante saber o papel que temos no mesmo e sobre todo coñecelo na súa totalidade dende a solicitude ate la execución.
E no referente ós Coidados Paliativos, vai a favorecer o coñecemento das características que os definen dende unha perspectiva de intervención do Traballo Social Sanitario, o que facilitará unha mellor atención das persoas que viven unha enfermidade avanzada, terminal e dos seus familiares, posto que se leva a cabo un trabalo en rede con distintos profesionais que interveñen no proceso, dando resposta ás necesidades de xeito integral en todos os ámbitos da vida da persoa e a súa familia en momentos moi duros.
- Compartes a docencia e a dirección deste curso con Juan Jesús Rosa, ¿pódesnolo presentar profesionalmente?
Juan Jesús Rosa, inicia a súa andaina, como traballador social, no tecido asociativo, no 2002, na Asociación COLEGA Huelva, sendo responsable dos programas de educación para saúde e sensibilización comunitaria sobre a realidade das persoas LGTBI.
Posteriormente, continúa desenvolvendo a súa ocupación en FEAFE-Huelva, Asociación de Familiares e Persoas con problemas de saúde mental, onde se especializa en Saúde Mental Comunitaria e Prevención da conducta suicida. No 2017, asume a coordinación da Federación Andaluza FEAFES-Andalucía.
E dende o 2022, colabora no meu Gabinete de Traballo Social Sanitario, como docente en diferentes formacións.
- Pensamos na eutanasia e nos coidados ó final da vida relacionándoos co medio sanitario, pero ¿non incumben a ós e ás profesionais del TS de outros moitos ámbitos?
Efectivamente, aínda que ambas situacións circunscríbense ó ámbito sanitario, todas as e todos os profesionais del Trabajo Social deben ter coñecementos e elas, dado que, con independencia de si traballamos ou non no sistema de Saúde, sempre podemos atoparnos no noso día a día con algunha destas situacións ás que debemos dar resposta. Por elo, ter coñecemento sobre a eutanasia, por exemplo, como ten dito anteriormente, pode supoñer a porta de entrada á prestación. Igualmente, o ter formación e coñecemento en coidados paliativos, pode supoñer o inicio dun traballo en reed con outros profesionais.
- Os procesos de enfermidade ou deterioro dunha persoa afectan ao seu entorno social próximo Nos últimos años abordouse a necesidade de facer un traballo psicolóxico para facilitar este proceso biolóxico e natural, pero ¿abordouse a necesidade de preparación a nivel social e relacional?
É fundamental que dende o Traballo Social Sanitario fagamos, ante procesos de enfermidade, un apoio psicosocial cara a/o doente e o seu entorno. O acompañamento e traballo co entorno da/do doente é imprescindible e de aí que indistintamente que se traballe de xeito individual co acompañamento, apoio…cada vez máis se fai intervención grupal co entorno tanto con Grupos de Autoaxuda como Socioeducativos. Existe un gran avance no traballo coa contorna social mais achegada da persoa doente.
- ¿Que papel pensa que poderíamos ter os TS nestes procesos?
A figura do Traballo Social é relevante, en canto a competencias, tendo en conta todo o que podemos aportar dende noso propio coñecemento e practica.
Separando ambos contextos, e de xeito moi xenérico, no contexto de Eutanasia, podemos ser a porta para acceder á prestación, desenvolvendo as funciones de información e formación, de coordinación con outros profesionais, derivación e seguimento do caso, tanto da persoa que solicita a prestación, como dos seus familiares, se é o caso.
No contexto de coidados paliativos, valoramos o risco biopsicosocial da familia, orientar e xestionar recursos, mediación entre as partes implicadas, coordinación sociosanitaria con profesionais e/ou recursos, acompañamento, así como o seguimento do caso, tanto da persoa que se encontra na situación de coidados paliativos, como dos seus familiares.
Pero sobre todo tanto nun proceso como en outro, é imprescindible e fundamental realizar un bo diagnóstico social sanitario xunto co seu proxecto de intervención individual/familiar, segundo necesidades detectadas. Un bo diagnóstico é o éxito da intervención social.