“O Programa Pensium é unha solución para pagar os coidados asistenciais a aquelas persoas maiores dependentes con ingresos insuficientes”
A colexiada María Vilela Ferro é diplomada en Traballo Social desde o 2000 e Graduada en Traballo Social pola UNIR en 2013, Experta Universitaria en Mediación e Resolución de Conflitos e Certificación Europea de Formación para Empresas e Profesionais. Posgrado de Especialización en Orientación Laboral e Formación especializada na Lei de Crédito Inmobiliario. Desenvolveu a profesión en diversos campos. Como docente, destacar a impartición do Obradoiro de Emprego “Arzúa Solidaria” e, dende fai varias edicións, imparte o Curso “Manejo de las Emociones- Ansiedad y Estrés” do Programa Envellecemento Activo e Saudable do Centro de Saúde de Vite. Como Traballadora Social destacar a experiencia en Entidades sen ánimo de lucro e de atención a persoas con diversidade funcional como Sarela; na Administración Pública traballou na Funga, como valoradora nos Equipos de Valoración de Discapacidade de Pontevedra e na Residencia de Dependentes de Vigo (CRAPD); como Coordinadora de SAF; na Mutua Fremap e, actualmente en Pensium.
- Se tiveses que explicar dun xeito sinxelo o que é Pensium, como farías?
Pensium és unha empresa de impacto social que ofrece, a través do Programa Pensium, unha solución para pagar os coidados asistenciais (axuda a domicilio, centro de día e residencia) a aquelas persoas maiores dependentes con ingresos insuficientes garantizándolles unhas aportacióes periódicas de recursos desde o primeiro momento, a cambio da xestión e o anticipo dos futuros alugueres da súa vivenda. Deste xeito, pode acceder aos servizos sen esperas, sen hipotecarse e mantendo sempre o seu patrimonio. Ademais, o Programa permítelle obter ata o dobre do aluguer, polo que as aportacións periódicas son maiores das que obtería mediante o aluguer tradicional.
- Pensium ten o certificado B Corp, que significa iso?
As empresas coa certificación B Corp van mási alá do obxectivo de xerar ganancias económicas e innovan para maximizar o seu impacto positivo nos empregados, nas comunidades que sirven e no medio ambiente. Alcanzan os máis altos estándares de desempeño social e ambiental xeral, transparencia e responsabilidade e aspiran a utilizar o poder dos negocios para resolver problemas sociais e ambientais. Para obter o Certificado B Corp é preciso cumprir uns requisitos moi esixentes e obter unha puntuación de 80 na evaluación de impacto B. Polo tanto, o obxectivo de Pensium é resolver un problema social que beneficie á comunidade, neste caso concreto, ás persoas maiores con insuficientes recursos e con necesidade de coidados asistenciais de forma transparente e responsable.
- Cal é a labor dunha traballadora social en Pensium?
O primeiro a destacar é que as Traballadoras Sociais de Pensium, contamos con formación especializada na Lei de Crédito Inmobiliario, tal como se establece na normativa do Banco de España. Tendo a formación, comezamos a realizar a nosa labor que se pode dividir en dous bloques:
Por unha banda, atención das persoas e /ou familias:
As persoas chegan a Pensium por distintas vías: a través de buscadores como inforesidencias ou Cronoshare, directamente a través da nosa páxina web, derivadas doutros profesionais ou porque viron publicidade do Programa nalgún sitio. O profesional que os atende é a Traballadora Social, que se encarga de coñecer a situación da persoa para poder orientala, asesorala e, se é preciso, derivala aos recursos e profesionais da súa localidade. As Traballadoras Sociais de Pensium informamos de todos os recursos e servizos que existen no entorno da persoa, sexan públicos ou privados, para que coñezan todas as alternativas. Se o perfil da persoa encaixa co Programa Pensium (persona maior con dependencia recoñecida ou en trámites, con necesidade de coidados asistenciais e con vivenda en propiedade), facilitámoslle información do mesmo, resolvemos todas as dúbidas e facemos un seguimento dos casos, excepto que a persoa indique o contrario. Ás veces as persoas descoñecen os servizos que existen e noutros casos teñen moita información pero desordenada. Polo que é necesario montar o puzzle, facer unha composición da situación e das alternativas que ten.
Coas persoas interesadas no Programa Pensium, concertamos unha visita domiciliaria para recabar información da situación, explicar detalladamente o Programa e realizar un estudo personalizado, sen custe e sen compromiso. Posteriormente, establecemos outra visita no domicilio para explicar o precontrato e aclarar todas as dúbidas que xurdan. A persoa ten un prazo de 14 días para valoralo e plantexar todas as dúbidas e cuestións que considere. Ao longo deste período está acompañada e conta co asesoramento da Traballadora Social. Se finalmente decide aceptar firmar o contrato, prográmase unha cita co notario que ela designe libremente. A persona beneficiaria pode acudir acompañada de quen ela queira e recibirá o asesoramento do notario. Posteriormente e, se está de acordo, acúdese de novo ao notario para proceder á firma do contrato e entrega do primeiro anticipo semestral acordado. Á firma do contrato ante Notario, acude a Traballadora Social como representante da empresa. Unha vez asinado o contrato ante notario faise a inscrición no Rexistro da Propiedade, como garantía de transparencia.
A partir deste momento, desde a Área Inmobiliaria inícianse todas as xestións para alugar a vivenda. Durante todo o proceso, ten como profesional de referencia á Traballadora Social asignada desde o inicio.
Por outra banda, as traballadoras sociais fan divulgación do Programa Pensium: o Programa Pensium é un novo recurso descoñecido pola maioría das persoas usuarias e por parte de moitos profesionais que traballan con persoas maiores. É necesario que o Programa Pensium sexa coñecido por parte de entidades, administración e empresas implicadas na atención do colectivo de persoas maiores para que poidan informar e derivar a aquelas persoas ás que lles poida beneficiar. Por iso, buscamos canles de divulgación e concertar entrevistas con todos os axentes, de modo que poidamos establecer unha rede de contactos e alianzas cos profesionais da Comunidade: profesionais do Traballo Social de Servizos Sociais Municipais, do ámbito sanitario, Asociacións, entidades, fundacións, residencias, centros de día, …
Como está agora mesmo a vosa implantación en Galicia?
En Galicia Pensium iniciou a súa andadura este ano coincidindo coa Covid19, o que ralentizou a divulgación do mesmo entre as e os profesionais do Traballo Social. A prioridade no momento actual de emerxencia social provocou un colapso do Sistema de Servizos Sociais e os profesionais teñen casos urxentes que resolver, deixándolles pouco tempo para concertar reunións e coñecer o Programa.
Ainda así, conseguimos que algúns profesionais de Traballo Social dos Servizos Sociais Municipais coñezan o Programa, tamén ás da Área Sanitaria de Santiago – Barbanza, Ourense – O Barco – Verín coas que se mantiveron reunións e estamos en trámites para reunirnos co resto de Áreas Sanitarias.
Tamén contactamos coa maioría de residencias de Galicia e seguiremos co resto de entidades, asociacións e entes que traballan coas persoas maiores.
O obxectivo é que o Programa sexa coñecido por todos os actores implicados na atención das persoas maiores e se valore como un recurso e alternativa máis que poida aportar unha solución ao pago dos cuidados asistenciais.
- Que é o máis importante que deben saber as profesionais do social sobre os recursos que ofrece Pensium?
Persoalmente destacaría que o Programa Pensium, é unha opción moi ventaxosa para aquelas persoas maiores que deben facer fronte aos custes dos coidados asistenciais que precisan, contan cunha vivenda que se pode alugar e con ela obter o complemento que necesitan. Fronte á venda da vivenda e outras opcións, co aluguer da vivenda a través do Programa Pesium, as ventaxas son:
– proposta personalizada e adaptada a cada situación, gratuíta e sen compromiso.
– posibilidade de obter anticipos de ata o dobre do aluguer.
– unha solución rápida.
– aumento dos ingresos sen implicar á familia, sen hipotecas, sen avais e sen gastar os aforros.
– mantense o patrimonio e increméntase a súa rendibilidade.
– acceso a mellores servizos
O estudo personalizado garantiza a valoración da viabilidade do Programa e coñecer as disposiciónes garantizadas que podería obter a familia para o pago dos coidados asistenciais. Por tanto, se o Programa non vai solucionar a carencia de recursos económicos da familia, non se leva a cabo.