A orientación laboral, falamos con Patricia Torrado Silva
Considero que, a min persoalmente, axudoume moito ter a formación de traballo Social: a perspectiva, os valores, o código ético, a relación profesional, fixeron moito mais doada a praxis laboral
Patricia Torrado Silva, é traballadora social de formación, con experieincia en distintos campos, agora exerce como orientadora laboral actualmente no programa Inserta Innovacion, do grupo social Once.
- Benvida ó blog, Patricia. Cóntanos como foi a túa traxectoria profesional e como accediches a este posto de traballo?
Eu son da promoción de Traballo Social 1993-1996 . Comecei traballando en entidades sociais no eido da exclusión social , drogodependencias, sen fogar …. primeiro como técnica de intervención en pisos de apoio o tratamento, pasando por unidades asistenciais e comunidade terapéutica ata ser responsable dun proxecto de redución de riscos en medio aberto. Desde abril de 2017 tiven a oportunidade de reorientar a miña vida laboral formándome en técnicas de coaching e orientación laboral. En novembro dese mesmo ano empecei en Pontevedra a facer grupos de orientación laboral con pacientes oncolóxicas e familiares que volvían ó mercado laboral. Logo dende 2019 seguin traballando nas lanzadeiras de emprendemento solidario e as lanzadeiras conecta emprego, en programas de orientación laboral en entidades colaboradoras do servizos público de Emprego, os servizos de intermediación laboral e prospección de emprego ata o 2023, no que traballei nun proxecto do programa galego de inclusión social elaborando itinerarios sociolaborais con persoas en situación de especial vulnerabilidade. Actualmente traballo nun programa integrado de emprego con persoas con discapacidade en Vigo.
- Cales son as túas tarefas nesta ocupación?
A función principal é o acompañamento ás persoas en situación de desemprego na mellora da súa empregabilidade. A información , orientación e asesoramento así como a formación son ferramentas moi poderosas que axudan a que ás persoas participantes poidan re/definir seu obxectivo profesional, mellorar o seu perfil laboral, adquirir ou mellorar as súas competencias e ferramentas de busca de emprego e por tanto as dúas oportunidades laborais.
- Con que tipo de usuarios e usuarias traballas?
Todas as persoas pasamos nalgúns momentos por situacións de desemprego e podemos necesitar ou non orientación laboral. Neste momento actual onde o mercado laboral è volátil, incerto, cambiante e ambiguo todas as persoas podemos necesitar apoio. Eu considero que o profesional de orientación laboral é un profesional do traballo social comunitario onde se pode consultar unha cuestión ou seguir facendo un proceso de orientación. Creo que todas as persoas somos susceptibles de precisar esta orientación. Na miña opinión ás veces en función do financiamento, compartimentamos á poboación . Actualmente traballo con persoas con calquera tipo de discapacidade e/ou incapacidade permanente laboral
- Os e as traballadoras sociais estamos presentes nos servizos de orientación para o emprego?
Os postos de traballo de orientación laboral nútrese de moitas profesións e formacións diversas, sobre todo do eido social (traballo social, psicoloxía, socioloxía, pedagoxía, relaciona laborais, dereito ,et). Eu considero que, a min persoalmente , axudoume moito ter a formación de base do traballo Social: a perspectiva , os valores , o código ético, a relación profesional, fixeron moito mais doada a praxis laboral. Considero que a formación no eido social e laboral permiten facer un acompañamento onde a persoa é o centro.
- A que pensas que se debe?
Creo que a formación en Traballo Social facilita o traballo da orientación laboral. Na miña opinión, sitúanos nunha posición de acompañamento e comprensión que xa temos de inicio.
- De quen depende o programa de inserción laboral para o que traballas?
Como en moitas entidades o cofinanciamiento público posibilita que moitos proxectos se leven a cabo. Actualmente estou nun programa integrado de emprego que xestiona Inserta Innovacion do grupo social Once en colaboración coa Xunta de Galicia.
- Que fortalezas e que debilidades atopas na formación dos traballadores e das traballadoras sociais para exercer este traballo?
Fortalezas todas. Todo o aprendido na carreira apórtanos unha perspectiva especial: a orientación a vulnerabilidade, a ausencia de estereotipos, a perspectiva de xénero, a visión da inclusión e xustiza social, a colaboración e traballo en rede entre moitas mais competencias. Considero unha debilidade a precariedade laboral que existe tamén na nosa profesión. Moitas veces pasamos de orientadores a orientados xa que existe mobilidade dos proxectos, cousa que vai na, na miña opinión, en decaemento da calidade dos servizos.
- Que formación fixeches complementaria a Traballo Social realizaches?
Eu son da xeración X, ou sexa, das últimas nativas non dixitais. Pensando ademais que acabei a carreira no século pasado (onde o ordenador so o manexaban algunha persoa e os traballos da carreira aínda sen facían a maquina de escribir) penso e creo que a formación continua è unha necesidade par sobrevivir laboralmente. Dito isto, considero que actualizarme e necesario sempre, para seguir facendo unha atención de calidade. Eu formeime orientación laboral e igualdade, en adquirir competencia docente (aquel famoso Cap, actual máster de profesorado) e formadora dixital, en competencias dixitais/Tics (o smarphone substituíu o teléfono fixo da casa e da cabina de teléfono na rúa que usábamos para chamar ás nosas casas) , en ferramentas de empoderamento e toma de decisións, técnica de coaching e participación social, ademais de especializarme en orientación e moitas mais formacións relacionadas . Sigo capacitándome nestes eidos, e sobre todo, eu estou namorada da aprendizaxe colaborativa, que tanto me aporta e me enriquece. Creo que cando me estou desemprego aproveito a formación para persoas desempregadas e cando estou en activo bebo das formacións que se nos ofrecen. Sempre trato de poñer o foco e actualizarme, e se podo reducir costes económicos mellor que mellor
- Que é a Comunidade Galega de Orientación e Docencia e Formación para o Emprego?
A comunidade e un espazo de encontro de profesionais da orientación laboral e docencia para o emprego. Ambas son profesións que viven habitualmente en soidade o seu traballo. Como son unha apaixonada das sinerxías , do traballo en rede , das interconexions persoais e profesionais, do networking (quedadas e encontros, congresos, xornadas e demais eventos) fun aumentando os contactos profesionais. En case mais de 25 años de andaina laboral acompañeime de profesionais ás que me gustaría parecerme, referentes importantes para seguir medrando. Ademais nos últimos anos fun aumentando a miña rede profesional grazas a LinkedIn. A “Comunidade Galega De Orientación Laboral e Docencia para o emprego” nace como un espazo de encontro de todas esas profesionais , destes dous ámbitos: docencia e orientación laboral. A idea xurde para compartir aprendizaxes, inquedanzas, estratexias, metodoloxías nun ámbito que segue sendo moi solitario xa que moitos programas ou proxectos son levados a cabo por equipos unipersoais. No ano 2023 aproveitando un “ brinde de ano novo” puxémonos cara mediante un encontro presencial en Vigo. Repetimos encontros en 2024 en Vigo e A Coruña aglutinado varios grupos de docencia e orientación laboral. Desde entón organizamos algunhas webinars sobre IA, Tics, e no 2025 un encontro onde compartimos ferramentas para traballar en equipo e seguir facendo comunidade. O valor fundamental é a colaboración, e aprendizaxe mutua. Para min a comunidade é un espazo onde cada persoa é soberana compartindo e colaborando coas demais en aprendizaxes, ofertas de traballo, resolvendo dubidas. Actualmente participamos 1000 persoas diferentes en Galicia.
- Que lle dirías ás traballadoras e traballadores sociais para animalos a explorar o campo da orientación profesional e o emprego?
A orientación laboral è un ámbito que colabora coas persoas a encamiñarse no mundo laboral ademais de brindar positivamente nas súas vidas. É un traballo de descubrimento para as persoas coas que traballamos como para nos mesmas. Cada historia, cada situación enriquécenos e ensínanos. Nun entorno laboral tan cambiante a nosa labor cada vez é mais relevante e necesaria. Formarse, compartir experiencias e colaborar con outras profesionais, crear un entorno de apoio e crecemento que nos beneficie a todas. A orientación laboral è unha ferramenta de empoderamento social que axuda a construción fun mundo mais xusto e igualitario.
Patricia Torrado esta en Linkedin, se alguén quere o seu contacto pode pedírnolo a través dos comentarios deste blog.