O BLOG – COTSG

Gabinete de Comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza

Uncategorized

A experiencia do intercambio profesional en Finlandia.

Nuria Valiño, a segunda pola esquerda na foto, é traballadora social no CHUAC, despois de unha ampla experiencia nos servizos sociais comunitarios básicos no concello de Cabanas. Neste ano participou no programa de intercambio  Internacional para Traballadores/as Sociales do C.I.F. (Council of International Fellowship), facendo unha estancia de inmersión profesional en Finlandia.

Destacaría a importancia que teñen os programas de saúde mental prestados no nivel ambulatorio e no ámbito comunitario

  • Bos días, Nuria. Antes de nada  en que consiste o programa de intercambio profesional do CIF?

Ola,  o CIF é un Programa internacional para promover o intercambio profesional de traballadores  e traballadoras  do ámbito social. Non se trata de promover a inserción laboral noutros países,  senón un intercambio de experiencias profesionais en contextos sociais e laborais diferentes ao teu habitual.  

En esta ocasión participamos 5 traballadores sociais de Xapón, Grecia, Turquía, Serra Leona e España, con  actividade laboral en  diferentes áreas.

O contido profesional do programa consta de dúas fases. Na primeira o grupo de participantes visita diferentes institucións vinculadas ao exercicio do Traballo Social e que forman parte do sistema de protección social. A segunda fase, consta  de estancias individuais en servizos vinculados ás áreas de interese que cada persoa sinala cando fai a solicitude para participar no programa.

  • A túa participación foi en Finlandia, como se organizou estancia neste pais?

O  programa ten unha duración de 27 dias. Primeiro estivemos dúas semanas de estancia en Helsinky, residindo cada persoa do grupo con unha familia acolledora.  Durante esta fase o grupo acudimos  conxuntamente ás   actividades que nos tiñan programadas en centros e servizos de Traballo Social. Despois  trasladámonos  unha semana en outra localidade cada participante por separado para coñecer a área de traballo específica solicitada, no meu caso a área de saúde mental.

  • Como se articula á atención social no sistema Fines? Cales son os aspectos que diferencias os nosos sistemas de protección dos de aquel país?

A organización do sistema Finés  fundamentase no estado do benestar construído nos países nórdicos. Caracterizase pola alta inversión e dependencia pública, non existen servizos ou centros privados. Non hai  unha disgregación da área social como  a coñecemos en España senón  que toda a atención social é transversal.

Os pilares do sistema son a  Educación, Infancia, Familia  e  mocidade. Faise unha intervención global non disgregada, con un sistema organizativo no que ten moito peso o ámbito comunitario  e grupal, sendo os municipios a administración coa máxima responsabilidade.

O sistema de protección universal e publico, é a súa marca de identidade. Todos os recursos, programas e profesionais son supervisados e avaliados polas universidades.

Destacar, tamén,  que a localización,  dispersión , climatoloxía e demais elementos propios da súa xeografía, non supoñen circunstancias que limiten o acceso ou a calidade dos servizos de benestar. Fixeron un deseño tendo en conta as consecuencias que provocan estes factores. Os dispositivos adáptanse ás persoas e non a inversa, a máxima é facer doado o acceso.

  • O rol profesional do Traballo Social en Finlandia é similar ao galego, ou hai diferencias ?

Para a obtención o titulo de traballo social os estudos organízanse en tres anos básicos que te capacitan para a actividade laboral na área social e posteriormente dous anos  de master con supervisión. Durante estes dous últimos anos,  xa podes exercer especificamente como traballador ou traballadora social . Dispoñen durante todos os años de formación de contido transversal en identidade profesional, supervisión valores e ética profesional

A profesión ten gran consideración con unha sólida identidade e representatividade . Basease na intervención en equipo, con funcións identificadas  e con supervisión laboral e persoal continuada.  Destacar que o traballador ou traballadora social  é considerado  en si mesmo como un recurso  de alta especialización,  non como un xestor de recursos.

 Dispoñen  dun órgano colexial nacional único (Talentia) que exerce funcións de protección, representación sindical, xubilación etc.

  • Estiveches coñecendo os dispositivos de atención en saúde mental, que características destacarías deles?

Destacaría a importancia que teñen os programas de saúde mental prestados no nivel ambulatorio e no ámbito comunitario. As  intervencións principais son  en areas de atención dirixidas a poboación do rango de idade entre 18 a 40 años. Mencionar a diversidade de programas de saúde mental  dirixidos a trastornos de personalidade , patoloxía dual, prevención del suicidio, pero coa perspectiva para prestalos a nivel ambulatorio.

  • Ti en Galicia traballas en saúde mental, hai diferencias nas funcións profesionais das traballadoras sociais entre os dous países?

Destacar que o sistema está organizado á inversa que en España. En Finlandia o pilar mais potente da atención en saúde mental é o nivel primario, de ambulatorio, e ten a maior dotación do sistema de protección social.  En España o sistema concentra a maior protección,  sen embargo,  é no ámbito hospitalario.

O traballador ou traballadora social non intervén en solitario, sempre  o fai en equipo xunto con outros profesionais. Como indiquei antes a súa función non é a xestión  de recursos, nin a súa  intervención estaría en  función de outro profesional, senón  que os equipos no seu conxunto utilizan os recursos como un medio de apoio á intervención profesional.

  • Conviviches con traballadoras sociais de Finlandia, que tipo de vivencia teñen eles coa profesión? Hai necesidade a necesidade de identificar o obxecto do Traballo Social que temos aquí?

 A profesión esta moi  desenvolta e con unha intervención profesional moi definida. Os e as profesionais teñen moita facilidade para o cambio de ámbito de traballo, sorprendíanse cando lles comentaba que en España sóese permanecer no mesmo traballo sen cambios toda a vida laboral.

Convivín con Traballadoras socias en activo e xubiladas e a media postos de traballo nos que estiveran era mais ou menos de 5. Están en  continua formación  incluso despois da xubilación, xa que teñen a capacidade de elixir reincorporarse por un tempo determinado se o desexan.

De todos modos non todo é perfecto, como aquí tamén existe el burnout e o  desencanto profesional.

  • Que valoración xeral nos podes transmitir deste intercambio profesional?

 Animaría a todos e a todas as compañeiras que teñan a oportunidade a que participen, xa non so pola aprendizaxe relacionado co profesional, senón tamén polo reto persoal que supón a nivel social e cultural o cambio de pais, de traballo e compañeiras. Isto non se remata aquí, intentarei repetir….. 

As persoas interesadas en ampliar a información sobre este programa pode consultalo en: https://www.cgtrabajosocial.es/noticias/programa-de-intercambio-internacional-trabajadores-as-sociales-cif-spain-2025/12555/view